A Xunta deseña un modelo de FP a medida das empresas e as comarcas

Rueda anuncia a creación de 9.500 novas prazas para estudar FP nos próximos cursos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/02/2023 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego creará 9.500 prazas para estudar Formación Profesional nos dous próximos cursos ao abeiro do Plan Conecta FP Galicia, co que a Xunta analizará as necesidades dos sectores e dos territorios para deseñar ofertas de Formación Profesional a medida do tecido produtivo galego. Rueda destacou que o obxectivo é garantir a “conexión da FP co mercado laboral” e que a oferta de prazas se adecúe a demanda das empresas.

Román Rodríguez visita a nova aula que simula unha clínica de odontoloxía no CIFP Leixa de Ferrol
Román Rodríguez visita a nova aula que simula unha clínica de odontoloxía no CIFP Leixa de Ferrol | Fonte: Kiko Delgado

 

Para iso, a Xunta aposta pola “colaboración público-privada”. De feito, tal e como explicou Rueda, na elaboración deste Plan participarán diferentes departamentos da Administración autonómica, “unhas 10.000 empresas, 400 asociacións, máis de 300 centros escolares” e a Confederación de Empresarios de Galicia, entre outros.

 

Entre os obxectivos deste Plan Conecta FP Galicia, o presidente indicou que a previsión é

“aumentar en 4.500” as prazas de FP no vindeiro mes de setembro e que Galicia gañe outras 5.000 no curso 2024-2025. Ademais, subliñou que esta medida busca “que o número de empresas colaboradoras con estas ensinanzas aumente un 15% en cada curso académico”, un incremento que podería superar o 70% no caso da FP Dual.

 

Ademais grazas a este Plan agárdase incrementar o número de cidadáns cun nivel de cualificación media, seguir reducindo o abandono educativo temperá (que acaba de marcar o seu segundo mellor rexistro histórico na nosa Comunidade, un 9,9 %), diminuír o déficit de traballadores cualificados e aumentar a empregabilidade da poboación. De forma paralela, mellorarase a competitividade das empresas, dando resposta ás necesidades de capacitación que deben ter os traballadores que precisan, o que redundará nunha maior confianza da FP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta