Por que non acaba de funcionar a Policía galega?

Este corpo policial está ao 73% da súa capacidade de persoal. Só hai 363 axentes en activo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2023 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Pode un corpo de policía dependente do Goberno galego funcionar con 500 efectivos?. Ese é o número actual que a Xunta estima idóneo para os cometidos que realiza pero, a pesar de todo, só hai 363 axentes en activo, un 73% do total da plantilla,  aos que se sumarán outras nove vacanes coas xubilacións previstas este ano.

Imaxe da 'Operación Xermánica' da Policía Autonómica que desarticulou en Galicia unha organización que facilitaba certificados falsos de PCR e test de antígenos.. XUNTA
Imaxe da 'Operación Xermánica' da Policía Autonómica que desarticulou en Galicia unha organización que facilitaba certificados falsos de PCR e test de antígenos.. XUNTA

Así figura nun informe analizado este xoves no Consello da Xunta, cuxo presidente, Alfonso Rueda, remarcou en rolda de prensa a necesidade de que o Ministerio do Interior atenda a demanda da Administración galega e aprobe o convenio que permita a convocatoria de prazas vacantes ata completar a totalidade do cadro de persoal dun corpo que depende da Policía pero que está adscrito a servizos da Xunta.

O documento elaborado pola Xunta apunta ao "descenso continuado" nas prazas cubertas na unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta, que alcanzou en 2013 o máximo de persoal con 474.

Dez anos despois son máis dun centenar menos os axentes cos que conta este corpo, déficit que, segundo a Xunta, se produce nas catro sedes provinciais, na local de Vigo e na central de Santiago. Así mesmo, a Xunta advirte que doce destes axentes atópanse en comisión de servizo, polo que o total de efectivos necesarios ascende a 150 axentes para alcanzar o 100% do persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta