Rueda:"Facemos todo o posible para que profesionais da sanidade pública traballen na pública"

Destaca que a posibilidade de compatibilizar sanidade pública e privada parte dunha proposta do Consello Galego de Colexios Médicos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/01/2023 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

"Facemos todo o posible para que profesionais da pública traballen, traballen na pública, e para recoñecerlles ese traballo a maiores que ten que ser retribuido".Así se referiu o presidente galego ás propostas que implanta e estuda a Xunta para mellorar a situación da Atención Primaria, entre elas aumentar a remuneración dos médicos que asuman cotas de pacientes vacantes e flexibilizar a compatibilización dos sanitarios que queiran exercer no Sergas e no sector privado e concertado.

Sanitario en hospital
Sanitario en hospital | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Rueda xustificou que se trata de incentivar "economicamente" o traballo "fora do horario normal", algo que xa fixo o Sergas no verán e que supuxo un desembolso "que xa se pactou en mesa sectorial".

A maiores, dixo, está o réxime de compatibilidade coa privada, que parte dunha reunión mantida en decembro co Consello Galego de Colexios Médicos --que solicitou tamén que se permita cobrar o complemento específico--, e fronte á cal diferentes colectivos como SOS Sanidade Pública mostraron os seus fortes críticas, incluso tachándoa de "ilegal".

A falta de coñecer os detalles da instrución do Sergas, Rueda explicou que se pretende evitar que haxa profesionais que "renuncien" a traballar na pública "por non ter a compatibilidade". "Non queremos que se vaian directamente á privada e abandonen a pública", aseverou Rueda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta