O 061 atendeu a 57 persoas por 47 accidentes de tráfico este fin de semana en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2023 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 57 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas durante o fin de semana, entre as 15,00 horas do venres 28 de xaneiro e as 23,59 do domingo 30. O sábado foi a xornada en que máis sinistros se contabilizaron, con 18.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencias e emerxencias, recibiu nestes días 61 chamadas en relación a accidentes de tráfico. Estas alertas, explica o 061, xeraron un total de 47 asistencias sanitarias para atender a 57 persoas, das cales o 60% foron homes. Nas idades dos feridos, o 31% tiña entre 30 e 44 anos.

Mentres, por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou (24), seguida da Coruña, con 18; Lugo, con tres; e Ourense, con dous accidentes. En total, mobilizáronse 59 recursos, de maneira que as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en nove accidentes e as ambulancias asistenciais de soporto vital básico, en 44 accidentes. O helicóptero mobilizouse nunha ocasión.

En 47 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 10, foron atendidos no propio lugar.

Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente
Persoal do 061 sae nun helicóptero medializado para atender aos feridos dun accidente | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta