Realizan unha nova voadura nas obras para o acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña

Así o explicaron desde o organismo portuario coruñés en relación aos traballos que se acometen. Ademais, dixeron que se farán outro "tres ou catro máis en febreiro".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2023 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

As obras do acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña continuaron nesta xornada cunha nova voadura, que se levou a cabo con éxito, sen apenas incidencias no tráfico, segundo informaron a Europa Press desde a Autoridade Portuaria.

Esta non é a primeira voadura xa que se fixeron outro seis antes pero si a que afectou o tráfico, á marxe do viario que leva ao porto exterior, aínda que só uns minutos.

Así o explicaron desde o organismo portuario coruñés en relación aos traballos que se acometen. Ademais, dixeron que se farán outros "tres ou catro máis en febreiro".

Por motivos de seguridade, o traballo desta xornada esixiu cortar o tráfico, en ambos os sentidos, na autoestrada AG-55, entre os puntos quilométricos 4+550 e 5+350; a AC-15 na ligazón coa AG-55 e a estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 3+100 e 3+900.

Voadura polo acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña. M. Dylan - Europa Press
Voadura polo acceso ferroviario ao porto exterior da Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta