Unha muller con cancro de endometrio, a primeira en recibir tratamento do novo equipo de branquiterapia do CHUS

Este novo sistema facilita acceder a tumores aos que antes non era posible chegar e cubrir mellor as localizacións afectadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Unha muller que padece cancro de endometrio converteuse o martes, 31 de xaneiro, na primeira paciente en recibir un tratamento do novo equipo de branquiterapia do servizo de Oncoloxía Radioterápica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Trátase, segundo informa a área sanitaria, dunha tecnoloxía adquirida pola Xunta por 500.000 euros --co apoio de fondos europeos de recuperación-- para tratar pacientes con cancros xinecolóxicos, prostáticos, dermatolóxicos ou, mesmo, benignos.

A braquiterapia é unha técnica de radioterapia que permite aplicar unha fonte radioactiva directamente no tumor, o que posibilita empregar doses máis altas e minimizar os danos na zona circundante. Este novo sistema facilita acceder a tumores aos que antes non era posible chegar e cubrir mellor as localizacións afectadas.

As doutoras Ana Varela Pazos, Mariluz Couselo Paniagua, Nuria Salvador Garrido, Paula Peleteiro Higuero e Ana Carballo Castro son as oncólogas radioterápicas encargadas de administrar a braquiterapia na área compostelá.

O pasado ano realizáronse neste servizo 174 implantes --unha media de catro por paciente--, un número que a área sanitaria espera que aumente grazas á nova adquisición e as súas aplicacións.

Equipo do servizo de Oncoloxía Radioterápica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).. ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO
Equipo do servizo de Oncoloxía Radioterápica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).. ÁREA SANITARIA DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta