O PSdeG reclama a elaboración dun "plan funcional" nas urxencias do CHUS para "aliviar a saturación"

Os deputados socialistas Noa Díaz e Julio Torrado explicaron este mércores, que ven na área sanitaria de Santiago e Barbanza "falta de atención para solucionar a situación de colapso".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2023 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O PSdeG presentou unha proposición non de lei para instar á Xunta a elaborar un "plan funcional" no servizo de urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) e reforzar o sistema de urxencias extrahospitalarios desta área sanitaria, así como abrir todas as camas necesarias para "aliviar a saturación".

Os deputados socialistas Noa Díaz e Julio Torrado explicaron este mércores, en declaracións aos medios diante do CHUS, que ven na área sanitaria de Santiago e Barbanza "falta de atención para solucionar a situación de colapso".

Díaz apuntou que a área sanitaria levou a cabo un plan de continxencia, pero que "se trata dun problema crónico nas urxencias". Así, resaltou que se debe facer un "plan funcional para que queden claros os circuítos de desvío do persoal de servizo ás distintas unidades de hospitalización".

Nesta liña, Torrado apuntou ao "desnorte" na capacidade de xestión da Consellería de Sanidade e que "é un perigo para o sistema sanitario". Deste xeito, indicou que o Goberno galego pensa que a Atención Primaria "é algo menor" e "isto está a repercutir en todo o sistema".

IDADE DE XUBILACIÓN DOS MÉDICOS

Torrado referiuse tamén á proposta do PPdeG de ampliar a idade de xubilación a médicos de atención primaria ata os 72 anos "aparentemente con plenas competencias". O deputado lembrou que non é a primeira vez que aumenta ou diminúe esta idade indicou que "parece que o Goberno galego está a xogar á conga".

Ademais, indicou que a idea de que o MIR de cuarto ano poidan facer labores dos médicos titulados e xa parte do sistema "non é unha idea querida nin polos profesionais". Así, puntualizou que a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés "só se acolleron dous de todos os profesionais que podían".

CESIÓN DA PARCELA PARA O APARCADOIRO

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou este mércores, tras participar na presentación do centro de investigación entre Viaqua e Cetaqua, que o aparcadoiro do CHUS que as queixas dos veciños "son certas" e "a ampliación do parking "vai xerar maiores dificultades, molestias e perdidas de prazas".

Desta forma, o rexedor local indicou que, desde o punto de vista municipal, non van obstaculizar estas ampliacións porque "son urxentes e necesarias".

Bugallo subliñou que a reunión prevista coa Xunta "vaise atrasando" e a súa idea é levar á xunta de goberno local "no prazo dunha semana" para pór a súa disposición a parcela. Así, apuntou que a parcela será do Executivo galego para "construír un aparcadoiro de 4 plantas e 480 prazas".

Os deputados socialistas Noa Díaz e Xullo Torrado este mércores diante do CHUS.
Os deputados socialistas Noa Díaz e Xullo Torrado este mércores diante do CHUS. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta