Galicia comeza o 2023 cun incremento do paro do 2%

A maior parte dos parados, máis do 71% está no sector de servizos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 2.826 persoas en xaneiro en Galicia, o que supón un 1,99% máis que no mes anterior, ata contabilizar 145.048 desempregados.

Segundo datos publicados este xoves polo Ministerio de Traballo e Economía Social, recollidos por Europa Press, nos últimos doce meses o paro baixou en Galicia en 8.884 persoas, un 5,77% en relación ao primeiro mes de 2022.

Por provincias, todas elas anotaron un incremento do paro o mes pasado, con Pontevedra á cabeza, onde creceu un 2,15% en relación a decembro, con 1.184 desempregados máis. A Coruña contabilizou 1.181 parados máis (+2,07%).

Así mesmo, Ourense pechou xaneiro con 284 persoas máis anotadas ás listas do antigo Inem, un 1,74% máis, mentres que Lugo incrementou este número un 1,30%, con 177 desempregados máis que hai un mes. Por sexos, o 58,3% dos parados galegos era muller. Entre outros datos, 5.671 desempregados tiña menos de 25 anos.

Ademais, o 71,3% dos parados galegos corresponde ao sector servizos, con 103.423 persoas, mentres que un 3,3% pertence ao mundo da agricultura (4.809 persoas). Un 10,3% era da industria (15.051 persoas) e á construción pertencían case o 7%, con 10.147 persoas. Ademais, 11.618 persoas desempregadas na Comunidade non tivera un emprego antes.

Destas cifras despréndese que todos os sectores reduciron o seu número de parados menos os servizos, onde aumentaron en 3.100 persoas tras o fin da campaña do Nadal. En concreto, o paro na agricultura galega baixou en 9 persoas en xaneiro, mentres que na industria esta caída foi de 56 persoas e de 119 desempregados menos na construción. Tamén 90 persoas que non tiveran un emprego antes atopárono en xaneiro.

DATOS ESTATAIS

A nivel estatal, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego subiu en 70.744 persoas en xaneiro en relación ao mes anterior (+2,5%) tras o fin da campaña de Nadal, sempre segundo datos do Ministerio.

Unha dependenta cobra a un cliente nunha juguetería
Unha dependenta cobra a un cliente nunha juguetería | Fonte: María José López - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta