A Xunta replica a Bugallo que a reordenación de tráfico no CHUS é municipal e afea que non achega nin "un só euro"

Sinala que o único que fixo foi ceder unha parcela "que xa ten" para a construción dun novo parking.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Santiago de Compostela asegurou este xoves que a Xunta está "a facer un investimento importantísima" no Hospital Clínico de Santiago (CHUS), á vez que replicou ao alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que a reordenación do tráfico e do aparcadoiro "é unha competencia municipal" e afeoulle que non achegue "un só euro" de colaboración, máis aló de ceder unha parcela "que xa ten" para a construción dun novo parking.

Así o trasladou a área en resposta ás declaracións efectuadas polo alcalde, nas que apuntaba a súa intención de levar a Xunta de Goberno a cesión á administración autonómica dunha parcela municipal de 4.000 metros cadrados para a construción dun parking para o hospital.

Sobre esta cuestión, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apuntou que para a construción desta infraestrutura é necesario "facer un estudo de mobilidade" e ese é "o compromiso do alcalde". "Froito del, a Xunta estará disposta a colaborar nesas solucións", dixo Comesaña: "temos pendente facer ese estudo e el sábeo perfectamente", engadiu.

En relación a esta cuestión, a área sanitaria puxo en valor o investimento da Xunta na ampliación deste hospital que, "ao contrario que noutros casos que cita o alcalde, como A Coruña ou Pontevedra, non vai acompañada dun só euro de colaboración do goberno local". "De feito, o goberno de Santiago nin sequera aceptou o convenio de colaboración para eximir de impostos a obra de ampliación e o edificio resultante", afean.

Así, lembran que a ordenación do tráfico e do aparcadoiro é "unha competencia municipal" e critican que Bugallo "nin actúe sobre as tarifas do parking municipal", nin "sobre a ordenación do aparcadoiro con medidas de control horario". "Nin busca solucións máis aló que porlle máis deberes á Xunta, que é a única administración que xa está a investir en mellorar a atención aos pacientes deste hospital", apuntan.

"Por suposto que podemos falar de solucións, como houbo na Coruña ou Pontevedra, pero lembrámoslle ao alcalde que foron solucións nas que os concellos se implicaron economicamente e asumiron a toma de medidas nas súas competencias", finalizan.

CHUS, Hospital Clínico de Santiago
CHUS, Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Sergas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta