Rescatan dúas persoas que quedaran incomunicadas nun illote ao subir a marea frente a costa de Sada

Ao comprobar a dificultade para acceder por terra á zona, unha lancha de Cruz Vermella desprazouse por mar e rescatou aos implicados, que foron trasladados ao Porto de Sada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2023 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Dúas persoas foron rescatadas por unha embarcación tras quedar incomunicadas nun illote, ao subir a marea, fronte á costa de Sada, segundo informou o CIAE 112-Galicia.

Así, unha das persoas rescatadas foi a que chamou a Emerxencias para informar de que estaba con outra persoa e dous cans facendo unha ruta, cando os sorprendeu a subida da marea nun illote en Carnoedo.

O 112 alertou a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas, Garda Civil e Protección Civil de Sada. Ao comprobar a dificultade para acceder por terra á zona, unha lancha de Cruz Vermella desprazouse por mar e rescatou aos implicados, que foron trasladados ao Porto de Sada.

Os rescatados estaban mollados, pero en bo estado físico e, aínda que o mar estaba a alcanzar o seu nivel máis alto, a zona na que se atopaban estas persoas illadas non chegou a quedar mergullada en ningún momento.

Salvamar Betelgeuse
Salvamar Betelgeuse | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta