Localizado un home que permancía perdido desde mediodía deste sábado nun monte de Cercedo-Cotobade

A través da localización facilitada polo teléfono móbil do implicado, os servizos de emerxencias lograron localizalo pouco antes das 17 horas, tras o que foi atendido polo persoal sanitario.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2023 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Un home que se atopaba perdido desde o mediodía dese sábado foi atopado nunha zona de monte en Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra.

Segundo informa o 112, foi o propio particular o que alertou ao servizo, pasadas as 15,30 horas, de que se había desorientado cando paseaba co seu can polo monte, no lugar Sucastro, en Cerdedo-Cotobade. Durante a chamada, explicaba ademais que levaba varias horas perdido, e que se atopaba indisposto.

Ademais dos axentes da Garda Civil, que se encargaron de coordinar o operativo, o 112 Galicia solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

A través da localización facilitada polo teléfono móbil do implicado, os servizos de emerxencias lograron localizalo pouco antes das 17 horas, tras o que foi atendido polo persoal sanitario.

Coche da Garda Civil
Coche da Garda Civil | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta