Piden doce anos de cadea para un home acusado de maltratar á súa parella en Boiro

"Desde o principio da relación tornouse difícil sendo frecuentes os insultos e menosprecios do acusado cara á súa parella, infrinxíndolle un trato degradante", sinala a Fiscalía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2023 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o mércores, día 8, a un home acusado de malos tratos físicos e psíquicos, coaccións á súa parella, ademais de lesións e intento de agresión sexual. De acordo co escrito de Fiscalía, acusado e vítima iniciaron unha relación no ano 1993, con convivencia a partir de 2005, tendo dous fillos en común.

"Desde o principio da relación tornouse difícil sendo frecuentes os insultos e menosprecios do acusado cara á súa parella, infrinxíndolle un trato degradante", sinala. Ademais, afirma que exercía control sobre ela, sen acceso a contas ou ao telefono móbil, dándoo de baixa de forma que ela "quedou incomunicada".

"Ditas situacións sucedían sempre no domicilio familiar sito na localidade de Boiro e en presenza dos fillos menores da parella". Ademais, asegura que xerou unha situación de "medo" por parte da vítima e cuns "actos de violencia" que se agudizaron en 2018 cando se puxo fin á relación.

Ese ano, cando a muller conducía e ía toda a familia no coche, comezou unha discusión na que o acusado colleu o volante e virouno bruscamente, obrigándoa  a ela a frear para evitar a colisión con outros vehículos.

Noutra ocasión, obrigouna a ir ao baño para manter relacións, aínda que desistiu ante os berros dela e os prantos dos menores que estaban tamén no domicilio. Nese momento, tirou á muller, que sufriu lesións ao caer no chan. Por todos estes feitos, o Ministerio Público pide penas que suman doce anos e catro meses.

Audiencia Provincial da Coruña
Audiencia Provincial da Coruña | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta