Aparece unha nova revista en galego

A publicación da cooperativa MaOs innovación Social pode ser baixada de xeito gratuíto desde a web.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/12/2014 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

MaOs Innovación Social xa ten a súa primeira revista en galego na rede despois de constituírse en marzo de 2014 como cooperativa. 

“A publicación, ao igual que MaOs, foi collendo forma á medida que fomos traballando nela. A nosa primeira idea era publicar os artigos do blogue adaptados ao formato papel. No entanto, entre debates, fomos creando unha nova “cooperativa” e deste proceso nace a revista de MaOs”, apuntan os impulsores deste proxecto.

O obxectivo desta publicación é darse a coñecer e dar a coñecer aquelas persoas, proxectos e iniciativas que cren que “teñen que ter un lugar moi visible na nosa sociedade”. . Coñecernos e, por tantos medios como nos sexa posible, unirnos. Neste primeiro número colaboran Feitoria Verde S.Coop.Galega, EnComún S.Coop.Galega, Miguel Durán -deseñador do noso logo e desta revista-, José Ramom Pichel, Fran Ameixeiras, Comba Campoy, ou Miguel Pardellas. Podes velo aquí

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dona urraca no seu castelolo

Tamén vai sair un novo xornal galego portugués en papel,e internet. chamarase "NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO". Cubrirá o espazo xeográfico da vella Gallaecia romana. Será informativo e formativo. Terá seccións propias sobre historia comun dos dous pobos, sebroa orixe da lingua, sobre literatura, etnografia, toponima, etc, Tratará tamén as relacións entre os dous pobos.