Convocadas as axudas para a compra de vivenda dos menores de 35, cunha contía máxima de case 11.000 euros

Os inmobles teñen que estar en poboacións de non máis de 10.000 habitantes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución pola que se convocan as axudas directas dirixidas a apoiar aos mozos a adquirir a súa vivenda habitual en poboacións que non superen os 10.000 habitantes, cunha partida de 1,55 millóns de euros.

Segundo trasladou a Xunta nun comunicado, os incentivos previstos poden chegar ata un máximo de 10.800 euros por inmoble, sempre que esta contía non supere o 20% do prezo da compra.

Este programa está dirixido a persoas de entre 18 e 35 anos, que deben acreditar que as rendas anuais de todos os membros da unidade de convivencia son iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) -- 24.318,84 euros --.

Nesta liña, os inmobles, que deben estar localizados nalgún dos 257 municipios cunha poboación inferior a 10.000 habitantes ten que estar xa construídos -- pode ser novo ou usado -- e o prezo de adquisición non supere os 120.000 euros. Así, a operación de compravenda realizouse con posterioridade a 15 de novembro de 2022.

Así mesmo, nas bases prevese a posibilidade de que as persoas que solicitasen a axuda o ano pasado e non a recibiron ao esgotarse os fondos, poidan acollerse a esta convocatoria presentando unha nova solicitude.

Aluguer de vivenda
Aluguer de vivenda | Fonte: Eduardo Parra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta