Detido un antigo traballador do Hospital de Santiago que roubou material por valor de 30.000 euros

O home revendía todo en tendas especializadas de compra-venda de segunda man.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2023 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a unha persoa en Santiago de Compostela acusada de roubar material por valor de 30.000 euros do Hospital Clínico Universitario, un centro no que traballara a través dunha empresa de servizos.

As investigacións comezaron en marzo do ano pasado, tras a denuncia interposta pola subtracción de diferente material no CHUS, por mor de que un dos responsables decatouse da continua falta de efectos. Tratábase de material valioso que se atopaba almacenado nos sotos da instalación, nunha zona de acceso só para empregados.

Tras unha laboriosa investigación puido acreditarse que a subtracción de material viña producindo desde o ano 2021, e que esta incluía todo tipo de material que fose susceptible dunha venda posterior en tendas especializadas de compra-venda de produtos de segunda man.

As primeiras hipóteses, analizando o modus operandi, apuntaban a que os feitos serían cometidos por persoal que traballa no propio hospital, debido a que era unha zona de difícil acceso para persoas alleas.

Da análise de todas as probas, finalmente púidose identificar ao presunto autor, un antigo empregado dunha empresa de servizos do CHUS. O home, apunta a Policía, dedicouse durante varios meses a subtraer todo aquilo que consideraba de valor e puidese ter saída no mercado de segunda man.

O valor de todo o subtraído ascende a uns 30.000 euros e entre os efectos hai material moi variado, como obxectos de diferente natureza médica, maquinaria e equipos informáticos provistos de software de uso sanitario, algún deles importantes no diagnóstico e tratamento de enfermidades graves.

A investigación culminou coa detención e posta a disposición do Xulgado de Instrución de garda do autor dos feitos. A maior parte do material foi recuperado.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - SERGAS.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta