Denuncian novas contaminacións ao río Portapego, en Touro

Ecoloxistas en Acción critica que Augas de Galicia teña expedientes sen pechar desde 2018 por episodios de contaminación.

Por Galicia Confidencial | Touro | 08/02/2023 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción púxose en contacto coa Área de Vertidos do organismo Augas de Galicia e coa Policía Autonómica para advertilles dun novo episodio de contaminación ao río Portapego en Touro. De novo o cauce deste río apareceu de cor branca e con numerosas bolas de escuma branca procedente dos terreos mineiros que van augas abaixo. 

Contaminación do río Portopego en Touro
Contaminación do río Portopego en Touro | Fonte: Ecoloxistas en Acción

A organización ecoloxista denuncia que, a pesar de que estes episodios son continuos, o concello de Touro non ten realizado ningunha acción ao respecto, non ten aberto ningún tipo de expediente e segue sen esixir responsabilidades a propietaria da mina.

Lembran que o río Portapego é un dos ríos do concello de Touro que se viu afectado por contaminación de drenaxe áceda de mina  que tivo lugar neste concello entre os anos 70 e 80 do século pasado. A empresa que adquiriu os terreos mineiros no ano 1993, Explotaciones Gallegas, mercounos para a extracción de áridos e tamén co compromiso da restauración medioambiental dos terreos e das aguas.

Sinalan que este ano cúmprense 30 anos, ao longo destes anos fixéronse moitas campañas publicitarias financiadas tanto con fondos públicos como privados co propósito de reabrir a mina. A través de publireportaxes queren convencer á veciñanza dunha restauración das augas inexistente, chegando a anunciar na televisión pública e varios medios de comunicación escritos o remate das obras de limpeza do río Portapego por enésima vez.

Tamén destacan que Augas de Galicia acumula expedientes de denuncias por vetidos as augas, que uns días van brancas e outros días de cor cobre, e debátese na resolución dun expediente aberto dende 2018. Un expediente que debería resolver a obriga á empresa Explotaciones Gallegas á eliminación da saída de augas de drenaxe ácida de mina ao dominio público hidraúlico. Ademais este organismo  galego recolle no Plan Hidrolóxico Galicia Costa a afectación da minaría ás augas dos ríos Brandelos e Lañas, afluentes do Ulla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta