A organización Arco Iris cre que hai "indicios de criminalidade" detrás do incendio no Parque Natural do Xurés

Arco Iris porá en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente o contido dun twitter emitido este xoves no que "poderían apreciarse indicios de conduta neglixente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2023 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A organización ecoloxista Arco Iris denunciou "indicios de criminalidade" no incendio que afectou o municipio ourensán de Muíños e que calcinou unhas 160 hectáreas no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Segundo sostén, os datos existentes "non deixan claro" que o incendio procedese de Portugal, debido a que "se aprecian unha serie de focos en fila que puideron ser provocados de forma intencionada".

Estes focos, engade, indican que o incendio se puido producir ao longo de sete días, "o que non foi aclarado pola Xunta e significaría unha absoluta ineficacia na detección e o control en fases temperás do lume, que tería dous focos de inicio e non soamente un".

A entidade anuncia que porá en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente o contido dun twitter emitido este xoves por Emerxencias Ourense no que "poderían apreciarse indicios de conduta neglixente nos accesos ao parque dos servizos de extinción". No tuit, segundo indica, comunícase que o lume "podería iniciarse en España".

Datos do sistema Copernicus. ARCO IRIS
Datos do sistema Copernicus. ARCO IRIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta