Un accidente en San Cibrao das Viñas deixa un morto e tres feridos, dous de consideración

Un helicóptero desprazouse ao lugar do sinistro debido á gravidade do ocorrido.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 09/02/2023 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Un home, veciño da Estrada e 58 anos de idade, faleceu na mañá deste xoves e outro tres homes resultaron feridos, dous deles de consideración, tras producirse un accidente múltiple entre un camión, unha furgoneta e un turismo na localidade ourensá de San Cibrao das Viñas.

Tal como informaron fontes da Garda Civil, os feitos ocorreron minutos antes das 12,30 horas no quilómetro 228 da OU-525, ao seu paso polo municipio de San Cibrao. Tratouse dunha colisión fronto-lateral entre un camión, unha furgoneta e un turismo, na cal o condutor da furgoneta perdeu a vida, mentres que os outros dous condutores resultaron feridos de consideración e unha terceira persoa, ferida leve.

Por iso, segundo fontes do 112 Galicia consultadas por Europa Press, todos tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario para ser atendidos. Isto motivou a mobilización dun helicóptero de urxencias sanitarias, así como de tres ambulancias, unha delas de soporte vital avanzado.

Os servizos do 061 informaron de que os trasladados resultaron ser tres homes de 64 (J.F.M.), 38 (C.M.V.) e 43 (L.M.C.) anos, respectivamente. Pola súa banda, o falecido era un veciño da Estrada (Pontevedra) de 58 anos de idade.

Foi un dos implicados o que alertou do suceso, indicando que unha persoa necesitaba "axuda urxente". Así, deuse aviso aos servizos de urxencias sanitarias, aos bombeiros, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Pereiro de Aguiar, ademais da Protección Civil.

Control de tráfico da Garda Civil.. GARDA CIVIL
Control de tráfico da Garda Civil.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta