Persoal de CCOO en folga recadou 8.500 euros de fondo de resistencia en só tres días

Entre os doantes están dirixentes históricos como o ex secretario xeral de CC.OO. en Galicia Suso Díaz, pai da ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/02/2023 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

Persoal laboral de CC.OO. en folga indefinida levan recadados máis de 8.500 euros de fondo de resistencia no tres días desde que se creou unha petición aberta de doazóns a través dunha páxina web.

Segundo informan nun comunicado representantes de persoal en folga, entre os doantes están dirixentes históricos como o ex secretario xeral de CC.OO. en Galicia Suso Díaz, pai da ministra de Traballo, Yolanda Díaz. Este xoves, a folga cumpre 17 días.

Outros nomes históricos que realizaron achegas ao fondo de resistencia son: Julio Abelleira Souto, ex secretario xeral de CC.OO. de Ferrol; Jaime López Golpe, ex membro da Comisión Executiva Nacional de CC.OO. de Galicia; Emilio Pantín, recoñecido membro do comité de Navantia; Lola González Lorenzo, ex secretaria xeral de CC.OO.-Sanidade Galicia.

Tamén cargos sindicais en activo, tales como Diego Doldán, membro da Comisión Executiva de CC.OO.-Industria Galicia; Francisco Cuba Couzo, mimembro da Comisión Executiva de Pensionistas CC.OO. Galicia; ou Patricia Mariño, dirixente de CC.OO.-Servizos en Galicia, segundo detallan representantes do persoal en folga.

Os empregados de CC.OO. en Galicia --un persoal integrado por 51 traballadores-- convocaron folga indefinida desde o 23 de xaneiro pola negociación do convenio e en demanda de melloras salariais.

Varias persoas con bandeiras de CCOO durante unha manifestación con motivo da terceira xornada da folga do sector siderometal
Varias persoas con bandeiras de CCOO durante unha manifestación con motivo da terceira xornada da folga do sector siderometal | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta