Piden oito anos de cadea para o mentor político de Louzán

Nené Barral enfróntase a unha posíbel condena despois de que o seu testaferro en China confesase.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 29/12/2014 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O ex-alcalde de Ribadumia José Ramón Barral enfróntase a un petición de oito anos de cárcere por parte do fiscal de asuntos econḿicos da Provincia de Pontevedra. O ministerio público reclámalle  tamén unha indemnización de máis de 458.000 euros e unha multa dun millón de euros. 

Nené Barral, ex-alcalde de Ribadumia, condenado por contrabando, e o seu heredeiro político, Xosé Manuel Louzán, ex-concelleiro en Ribadumia e hoxe presidente da Deputación de Pontevedra
Nené Barral, ex-alcalde de Ribadumia, condenado por contrabando, e o seu heredeiro político, Xosé Manuel Louzán, ex-concelleiro en Ribadumia e hoxe presidente da Deputación de Pontevedra | Fonte: atiomeucambados

Nené Barral, o mentor político de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, está acusado de ocultar ingresos a Facenda e blanquear capitais a través dunha sociedade nas Illas Virxes.

O blanqueo de capitais tería sido argallado a través das súas fillas, que figuraban como titulares da empresa no paraíso fiscal, e dun cidadán chinés, que actuou como testaferro e que acabou confesando e aportando documentación sobre as transferencias ante o xulgado de Cambados. O fiscal sospeita que a orixe dos máis de dous millóns sacados por Barral do país é o contrabando. 

Barral foi quen meteu en política e favoreceu os primeiros pasos no PP de Rafael Louzán, que empezou como concelleiro en Ribadumia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta