Axudas de ata 45.900 euros para a reactivación económica das pemes

O presidente da Deputación da Coruña reclama á Xunta máis axudas para pemes e autónomos na presentación do Plan de Emprego Local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña e tamén secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, reclamou á Xunta axudas para pemes, microempresas e autónomos, ao considerar "extrapolable" o plan da institución provincial ao ámbito autonómico.

"Se a Xunta tivese o mesmo ímpeto no ámbito do emprego, hoxe estariamos a falar dunha Galicia distinta", asegurou ao reivindicar o Plan de Emprego Local (PEL) da institución provincial, que destinará este ano 7,65 millóns de axudas a estes sectores. As mesmas están destinadas a financiar contratacións, investimentos que melloren a competitividade das empresas e as cotas á Seguridade Social de persoas autónomas.

"O PEL chegará este ano a uns 1.425 beneficiarios, con axudas para contratacións e investimentos que van dos 1.000 aos 45.900 euros por empresa ou autónomos. Todas as axudas serán compatibles entre si", detallou Formoso nunha comparecencia ante os medios de comunicación.

Ademais, dixo que se está ante o PEL "cun maior orzamento inicial". O mesmo, engadiu, "permitirá seguir creando emprego e impulsar negocios con axudas de entre 1.000 e 45.900 euros a reactivación económica, o pequeno comercio, as persoas autónomas e microempresas".

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, informa as axudas do Plan de Emprego Local. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, informa as axudas do Plan de Emprego Local. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta