Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2023 | Actualizada ás 11:05
A Garda Civil detivo o pasado venres, 3 de febreiro, a un mozo de 26 anos, de nacionalidade marroquí, na desarticulación dun punto de venda de zapatillas falsificadas en Lalín (Pontevedra).
Segundo informa, a Benemérita incautouse dun total de 629 pares de zapatillas cuxo valor no mercado podería superar os 30.000 euros. A operación enmárcase no dispositivo de prevención da seguridade cidadá activado pola Garda Civil con motivo da celebración da feira comarcal de Lalín.
Así, o pasado venres estableceuse un operativo concreto para erradicar a venda de produtos falsificados polo miúdo e, neste contexto, os axentes detectaron unha furgoneta na que comprobaron a existencia dunha "cantidade considerable" de produtos supostamente falsos.
Seguidamente, trasladouse o vehículo coa mercadoría ao Cuartel de Lalín, onde se constatou a existencia dun presunto delito contra a propiedade industrial. Así, foi detido un mozo de 26 anos que xa tiña antecedentes por feitos similares --foi investigado no verán de 2022--. Tras prestar declaración, foi posto en liberdade aínda que a disposición do Xulgado de Garda de Lalín.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.