De revolucionarios a ditadores

Hai novas que chaman moito a atención. E unha delas é a que se refire ós 222 disidentes políticos presos en Nicaragua pois, segundo din os informativos, son liberados e convertidos en apátridas e acollidos por un temo por Estados Unidos. O coloso do norte parece ter interés en negociar co país centroamericano e salvarlle a cara ó tirano Daniel Ortega, igual que aconteceu no franquismo con España traendo as bases americanas e impedindo que os gañadores da segunda guerra mundial derribaran a ditadura do Caudillo.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 15/02/2023

Comparte esta noticia
Esta noticia lémbrame  moitos  casos de persoeiros que alentaron e lideraron movementos populares revolucionarios falando de democracia e liberdade,  e  que se ergueron contra ditadores; máis co paso do tempo,  e  acadado ó poder, convertíronse  tamén en déspotas  e tiranos tanto ou máis cós que eles derrubaron.
 
A historia do século vinte ten moitos exemplos que valen pra ilustrar e  confirman esta triste metamórfose política. E pra elo,  non fai falla lembrar o que foi a revolución rusa, nin o que aconteceu no noso  Estado cando os militares sairon enganados pra salvar a república e logo viraron  cara a ditadura de Franco. Chega con ollar  a America latina pra ver o que a día de hoxe  ainda acontece. 
 
Tomarei  dous exemplos  de paises do Caribe. O primeiro é Cuba onde a familia Castro, despois de encadear a moitos que con Fidel loitaron contra Batista, estes descendentes de galegos, instauraron unha ditadura que ainda perdura e que ten a Cuba sumida nunha situación decadente que arrepía. Outro que tal baila e que foi un lider do Sandinismo, é Damiel Ortega. Pois este persoeiro enarbolando a bandeira da liberdade,  agora encadea a oposición o ígual que facía ó ditador Somoza  contra o que  loitou,  ou que fai  tamén Putín en Rusia. Encadear ós disidentes, ós que critican a forma despótica de  exercer o poder.
 
Non sei que ten o poder, que cando se asume,  un quere perpetuarse nel a costa do que sexa. Son dos que pensa que a democracia é o réxime  menos malo. Pero  tamén que acadar esta forma de goberno e mantelo require unha dose grande de dialogo e de sentido de que o poder é  da xente que libremente se expresa nas eleccións e non unha leira propiedade de quen manda.  O que agora acontece cos disidentes  nicaragüenses lémbrame cando Franco condenou os exisliados republicanos como apátridas. E gracias a Francia que lles deu a nacionalidade moitos puderon refacer as súas vidas. 
 
Onte vin nas redes como o nome dun repúblicano ourensán tiña unha rúa  nunha cidade francesa. Os republicanos exiliados eran españois, pero non tiñan patrias egundo  Franco.  Os ditadores son así de crueis. Son tiranos ós que se lles sube o poder a cabeza e se sinten unxidos incluso por unha divinidade que os puxo nel. Logo quedan os países democráticos  que, coma o noso,  fan valer unha frase que dixo o político inglés Winston Churchill: “Inglaterra non ten enemigos, ten intereses” E esa frase sigue tendo vixencia. Pois a España democrática, por intereses económicos e de fronteiras,  esquece ó Sahara  que foi colonia española e pacta con Marrocos, pasando polo forro o que din as nacións unidas. Ou sexa: facer un referendum de autodeterminación do pobo saharaudi.
 
Son cousas  da política que se repiten a cotío. Pois ben, agora os EE.UU. por intereses diversos,  sálvalle a cara a un ditador que encadea á oposición e  que, no seu día,  aparecia como un liberador dun pobo oprimido. E di que o fai pola defensa dos dereitos humanos e outras cousas que poden ser boas para os dous estados. Cousas verdes. En fin, que terá o poder que, dende que moitos chegan a el por eleccións truncadas ou con golpes de estado, agarranse a él e matan e encadean no nome da patria. De pena.

Franco na inauguración do Hospital da Coruña
Franco na inauguración do Hospital da Coruña | Fonte: arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com