Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 10:03
Un incendio xa exintiguido queimou menos dunha hectárea do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés no municipio ourensán de Bande.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ao redor das 19,40 horas do pasado martes na parroquia de Corvelle e quedou extinguido ás 22,00 horas do mesmo día.
As medicións sitúan a superficie queimada polas chamas en 0,24 hectáreas de superficie arboredo do parque natural do Xurés, que suma xa catro incendios forestais no que vai de ano. Nas tarefas de extinción deste lume traballaron un axente, dúas brigadas e unha motobomba.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.