Xunta pídelle ao Goberno central acabar coa discriminación entre profesores técnicos de FP

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, enviou á ministra de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría, unha carta na que informou do acordo do Parlamento galego para que se proporcione "un tratamento en igualdade de condicións para todos os membros do corpo de profesores técnicos de FP", declarado a extinguir pola nova lei educativa estatal.

No texto aprobado na Cámara galega a semana pasada, lembran nun comunicado, o Parlamento instaba á Xunta a solicitar ao Ministerio de Educación "que non faga discriminacións dentro do corpo do profesorado técnico de FP e elabore unha nova normativa para regular que estes docentes se integren no corpo de profesores de Educación Secundaria, con independencia de que teñan ou non título universitario".

Este acordo, sinalan, súmase ás "reiteradas" peticións do Goberno galego ao Ministerio desde que tomase "unilateralmente" a decisión de suprimir este corpo.

Ademais, remarcan que a situación xerada polo Ministerio orixina ata cinco casuísticas distintas de persoal que pode ou non integrarse no corpo de Secundaria, "o que leva consigo un caos administrativo, que pode derivar mesmo en demandas legais e que teñen que resolver as comunidades autónomas, fronte á total evasiva o Goberno central de xestionar o problema". En total hai máis de 1.000 persoas ás que o Ministerio non tivo en conta no seu desenvolvemento normativo e que agora se atopan nunha situación de desamparo", apuntan.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, responde o pleno do Parlamento galego a preguntas sobre o seu departamento. DAVID CABEZÓN
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, responde o pleno do Parlamento galego a preguntas sobre o seu departamento. DAVID CABEZÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta