O BNG quere poñer a cultura galega "á altura das comunidades da súa contorna"

Impulsará unha lei integral de cultura

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2023 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

A portavoz de Cultura do Grupo do BNG, Mercedes Queixas, avanzou este venres o impulso dunha lei integral de cultura co obxectivo de "actualizar o mapa público" da oferta cultural e vontade de dotar ao país de ferramentas para garantir a función social e o dereito de acceso á cultura.

"O deseño da política cultural non pode ser sempre un actor secundario nin responder á improvisación ou ás axendas marcadas desde fóra", sinalou en rolda de prensa a deputada nacionalista, segundo recolle o BNG nun comunicado.

Esta proposta busca "non identificarse con criterios exclusivos de diversión ou turismo", senón tamén avanzar na protección dos dereitos culturais, algo que insistiu "non pode esperar máis". Xa que se trata dun ámbito, o de acción e divulgación cultural, "presente como elemento central do debate, especialmente a través de temáticas como os dereitos culturais".

A proposta do BNG terá como obxectivo a regulación dos dereitos culturais da cidadanía galega e a articulación do sistema cultural público para "actualizar" o mapa cultural ás esixencias de 2023 e os anos vindeiros, é dicir, escoitando as "necesidades que presenta a lingua galega ás que demanda o propio sector cultural e ás novidades e cambios que mudaron nas últimas décadas no ámbito cultural", en alusión a cuestións como a tecnoloxía, o mundo dixital, a relación co multimedia e transmedia e as novas formas de acceso e difusión dos produtos e novidades culturais.

A portavoz de Cultura salientou que se trata dunha iniciativa que quere pór a Galicia "á altura das comunidades da súa contorna", como é o caso de Canarias, en que parlamento fixou por lei avanzar ata o 2% do orzamento en 2030, proposta que o BNG quere tamén vincular a esta lei.

Á VANGARDA CULTURAL

En definitiva, unha Galicia "á vangarda cultural fronte á continua perda de peso político diluído nunha macroconsellería", denunciou Queixas, quen criticou que centros singulares de arte e produción propia como o Centro Dramático Galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Centro Coreográfico Galego ou a Filmoteca de Galicia-CGAI poidan "seguir perdendo identidade". Na súa intervención, manifestou que "tampouco é tolerable" que a cultura galega "continúe relegada a un segundo plano" no ámbito dos medios públicos galegos, a CRTVG.

A portavoz de Cultura do Grupo do BNG, Mercedes Queixas, en rolda de prensa no  Parlamento.. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)
A portavoz de Cultura do Grupo do BNG, Mercedes Queixas, en rolda de prensa no Parlamento.. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta