Os casos de COVID en Galicia suman 814 o que indica un lixeiro aumento

Baixan os hospitalizados nas últimas 24 horas dos 165 a 160, dos que 159 están en planta e un en UCI.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2023 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

Os casos activos por covid mantéñense en aumento en Galicia, con 814 fronte aos 810 da xornada anterior, segundo o último parte facilitado pola Consellería de Sanidade con datos actualizados ás 18,00 horas do venres.

Por contra, baixan os hospitalizados nas últimas 24 horas dos 165 a 160, dos que 159 están en planta e un en UCI. Redúcense tamén os novos contaxios, que pasan dos 68 notificados este venres aos 60 do sábado.

POR ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, os casos activos soben en case todas. A área de Ourense rexistra 116 (+3); a da Coruña, 173 (+5); a de Pontevedra, 85 (+6) e 93 (+6) na de Vigo. Mentres, a área de Lugo continúa con 134 casos activos (sen cambios) e as de Ferrol e Santiago notifican descensos, dos 80 aos 70 e dos 148 aos 142, respectivamente.

No que respecta aos hospitalizados, mantéñense sen cambios na área de Ourense, con 20 pacientes en planta, e na de Santiago, con 120 ingresados en unidades convencionais. Soben na de Pontevedra, con 26 hospitalizados en planta (+2) e baixan en todas as áreas restantes. A da Coruña xa non conta con ingresados en UCI e ten a 140 persoas ingresadas en unidades convencionais; na de Ferrol son 15 os pacientes en planta (-1); e na de Lugo son 25 os hospitalizados en unidades convencionais (-4) e xa sen ingresados en críticos.

En canto aos novos contaxios, son catro na área de Ourense; nove na da Coruña; sete na de Pontevedra; dous na de Ferrol; 18 na de Santiago; e 10 na de Lugo e a de Vigo.

Por outra banda, o número de falecidos mantense sen cambios nestas últimas 24 horas e queda nos 4.069, mentres que o número de curados desde o inicio da pandemia é de 689.578.

Vacina de Novavax contra a COVID-19
Vacina de Novavax contra a COVID-19 | Fonte: Novavax - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta