Reforzo nas liñas de bus entre Fisterra e Camariñas para os alumnos de Muxía que estudan bacharelato e FP en Cee

Os luns pola tarde créase unha nova saída ás 18,15 horas de Fisterra que pasará por Cee ás 18,30 horas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2023 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

A Xunta reforzará desde o vindeiro xoves, día 23 de febreiro, os servizos de autobús entre Fisterra e Camariñas para facilitar, principalmente, os desprazamentos dos alumnos de Muxía que estudan bacharelato e FP nos institutos IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco, en Cee.

Así, na liña entre Fisterra e Camariñas, na que os estudantes de Muxía contaban xa cun servizo á primeira hora da mañá que lles permite chegar ás clases nos institutos de Cee, habilítanse dous servizos de volta para o regreso ao final das xornadas lectivas da mañá e da tarde.

Con iso, á saída do mediodía contarán cun autobús que partirá desde Fisterra ás 14,15 horas e terá parada en Cee ás 14,30 horas, continuando cara a Muxía e Camariñas. Ademais, o luns pola tarde créase unha nova saída ás 18,15 horas de Fisterra que pasará por Cee ás 18,30 horas.

Con estas melloras no servizo, a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas, atende as peticións trasladadas polas familias do alumnado de ensinos non obrigatorios que estuda en Cee e polo concello, ofrecendo servizos de volta en horarios próximos ao final das clases.

Estudantes nun autobús escolar
Estudantes nun autobús escolar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta