A Xunta pide ao Goberno que aclare o calendario da nova EBAU e demanda unha proba única

Sinala que o decreto crea "certa confusión" e defende unha proba para "garantir igualdade"

Por E.P. | Galicia | 21/02/2023 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia demandou ao Ministerio de Educación que clarifique cal será o calendario de implantación da nova EBAU ao considerar que a redacción do decreto para modificar a proba de acceso á universidade xera "certa confusión".

Así figura nas alegacións presentadas pola Consellería de Educación ao proxecto do Executivo central, nas que a Xunta volve defender a configuración dunha proba unificada para todas as comunidades como forma de "garantir" a "equidade e igualdade" dos alumnos con independencia do seu lugar de residencia.

Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade
Unha examinadora mostra un dos exames de selectividade | Fonte: Europa Press

Sobre o calendario da nova proba din que o borrador xera "certa confusión" ao situar a súa posta en marcha no curso 2023/24 e "doutra banda remitir a 'un proceso temporal intermedio' sen establecer ningún marco temporal".

Así pois, demandou que "se especifique con total claridade" cal será o período "de transitoriedad" do modelo, "canto durará" e en "que consistirá" esta situación temporal ata a implantación do modelo definitivo.

OBXECCIÓNS Á REDACCIÓN

Ademais, Educación tamén manifestou unha serie de obxeccións á redacción do decreto da nova EBAU en cuestións como os procedementos de coordinación para "homoxeneizar" a estrutura xeral da proba, os seus exercicios e os criterios de avaliación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta