A "xente de ben", o discurso de Feijóo que causa polémica en Madrid pero que tiña asentado sen problema en Galicia

Non é a primeira, nin será a última que o líder do PP quere distinguir entre "xente de ben" e outro tipo de xente. Unha frase que, curiosamente, utilizou varias veces sendo presidente da Xunta e que pasou case desapercibida. Unha "xente de ben" que ten "pedigrí" no PP e que, cando menos, patentou Manuel Fraga e seguen utilizando conselleiros da Xunta.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/02/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

"Deje de molestar a la gente de bien"... Esta frase do líder do PP en Madrid, Alberto Núñez Feijóo, está provocando un río de tinta en Madrid, especialmente, nas redes sociais. Unha frase que amosa o discurso ideolóxico do presidente popular que, aínda que cause sorpresa na capital do Estado, é ben coñecida en Galicia.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Isaac Buj - Europa Press

E é que non é a primeira vez que Feijóo fala de "xente de ben", unha "xente de ben" que non se sabe se é "de primeira ou segunda categoría", "de dereitas ou de esquerdas" ou "boa ou mala". Un discurso que en Galicia era ben dixerido polos partidos da oposición e polos medios de comunicación, ou polo menos, non causaba o impacto que está causando en Madrid.

O caso é que non é a primeira vez que Feiijóo fala da "xente de ben" en Madrid. Alí, en 2013, e preguntado pola súa fotografía co narco Marcial Dorado, o entón presidente da Xunta era contundente e mesmo ironizaba sobre estas fotos: "calquera persoa de ben sabe perfectamente que non hai substancia, nin caso nin causa nestas imaxes", dicía ante multitude de xornalistas da capital. Como naquel momento, Feijóo era un presidente "de provincias" e non o líder do PP, a frase pasou sen pena, nin gloria. 

Pouco despois, nunha sesión plenaria de 2016, o líder dos populares galegos volvía a facer alusión á "xente de ben" para referirse precisamente ás críticas de socialistas, nacionalistas e Marea pola situación sanitaria de Galicia. "A xente de ben sabe o que ten na sanidade pública", indicaba.

Una no despois, e ante 3.000 militantes, na tradicional romaría popular do Pino, Feijóo volvía insistir na "xente de ben" ante a "súa" xente. Nesta ocasión era a conto dunha polémica acrecentada nalgúns medios de comunicación sobre casos de ocupacións de vivendas e acusaba aos gobernos das mareas de "defender aos okupas" e de "menosprezar á xente de ben". 

Imaxe do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, con Manuel Fraga
Imaxe do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, con Manuel Fraga | Fonte: PPdeG.

"XENTE DE BOA FÉ" DA XUNTA

A "xente de ben" de Feijóo tamén é a "xente de ben" dos seus ex conselleiros. A algún deles tamén se lle pegou certos discursos de Feijóo. Hai tan só unhas semanas, e tras as críticas da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CEMS) sobre o funcionamento das áreas sanitarias en Galicia despois da dimisión do xefe de servizo de Xinecoloxía do CHUS, Manuel Macía, o conselleiro de Sanidade, Julio García, Comesaña, apelaba tamén á súa "xente". "Calquera galego de boa fe que vexa o que pasa nos hospitais comarcais é consciente de que grazas ás áreas sanitarias a asistencia nos comarcais está garantida", dicía.

Pero, curiosamente, esta frase que agora causa sensación en Madrid non é unha frase "made in Feijóo". Aínda que sexa o actual líder do PP quen a use con máis frecuencia para sentirse máis preto da "súa xente", o certo é que xa había que botaba maN dela antes que el. 

FRAGA, RECORDADO COMO "XENTE DE BEN"

Foi o seu mentor político e o que o meteu de cheo na política galega, Manuel Fraga, a quen se lle escoitou por primeira vez en Galicia, ou cando menos, que este xornalista teña constancia. Unha frase que repetiu en varias ocasións no Parlamento galego.

Nunha entrevista a finais dos anos noventa, o fundador de AP tentaba aclarar que era iso da "xente de ben". "Traballei durante moitos anos en política, participei en momentos decisivos para a historia de España, pero gustaríame ser lembrado simplemente como un home de ben, no bo sentido da palabra, sen máis puntualizacións. E aínda que agora non estea tan de moda falar do ben ou do mal en sentido absoluto, sigo tradicionalmente apegado á xente de ben, e querería quedar englobado entre eles".

Quizais, e aínda que non o saiba, a "xente de ben" a que se refire Feijóo é a "xente de ben" á que antes ca el se referíu Fraga, unha xente que é todo o contrario a súa "xente de mal", ou polo menos, ao que o PP entende por "mal" en "sentido absoluto" ou en "sentido cristiano" da palabra.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun foro de OKDiario
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun foro de OKDiario | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Estes días todo dios fala da "xente de ben" pero ninguén opuxo a esta expresión a outra que precisamente en Madrid debera estar en boca de todas "Xente Ben" ou sexa "xente pija" ou tamén chamada Beautiful People ! Eu penso que se fixeramos esta digresión a expresión "xente de ben" entenderíase coma xente que ten valores e non só carteira e cartos... Digamos que os Novos Ricos son xente ben pero non son xente de ben ! Así entenderíamos como algunha que cobran 130.000 € como Secretarias de Estado serán Beautiful People (pijas ou xente ben) pero na vida serán consideradas xente con valores que defende un xeito digno de vivir para todo o mundo ! Cicais así a cousa quedaría mellor explicada ou ?