As obras do hospital Montecelo de Pontevedra obrigan a restrinxir o tráfico a partir deste xoves

O avance nas obras do hospital Montecelo de Pontevedra fará necesario cambios provisionais no tráfico, que se activarán a partir deste xoves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2023 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O avance nas obras do hospital Montecelo de Pontevedra fará necesario cambios provisionais no tráfico, que se activarán a partir deste xoves.

En concreto, tal como informou a Xunta nun comunicado, prevese comezar este mes os traballos de urbanización e acondicionamento dos accesos á dársena de mantemento e servizos do novo centro hospitalario.

Este acceso realizarase mediante unha vía situada nunha cota máis baixa respecto da avenida de Montecelo, o que requirirá da execución dun muro para sostela, por iso verase afectada. A intervención obrigará a restrinxir o tráfico a un só carril na avenida Montecelo en dirección, desde a rotonda do Príncipe Felipe ao hospital.

Obras do Gran Montecelo, en Pontevedra
Obras do Gran Montecelo, en Pontevedra | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta