A CIG denuncia que "non se sabe o destino" dos 2,2 millóns do programa de atención á diversidade da Xunta

Sinalan que os criterios "non tiveron en conta" as necesidades do alumnado

Por E.P. | Galicia | 23/02/2023 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

A CIG denunciou que "aínda segue sen saberse" cal foi o "destino final" dos 2,2 millóns de euros destinados pola Consellería de Educación ao programa 'Acompaña', creado pola Administración autonómica para reforzar a atención á diversidade nos centros educativos galegos.

Segundo a CIG, "o único" que concretou o departamento que dirixe Román Rodríguez é que os fondos para financiar este programa proceden do Ministerio de Educación "pero sen dar resposta ao uso total" destas partidas.

En canto á elección de centros participantes, "só se di que foron seleccionados por unha comisión, da que non coñecemos composición nin sabiamos da súa existencia ata o día de recibir estas aclaracións".

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, responde o pleno do Parlamento galego
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, responde o pleno do Parlamento galego | Fonte: XuntaDavid Cabezón

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A CIG sostén que os criterios seguidos pola Consellería de Educación foron a distribución das prazas en función da tipoloxía de centro e o seu alumnado ou o cociente de persoal de apoio. "Estes criterios non son coñecidos por ningún centro educativo. Os centros só tiveron constancia do programa cando recibiron un correo no que se lles indicaba que tiñan que escoller entre profesorado especialista en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe", continuou a central nacionalista.

Para a CIG, isto último "choca claramente cos criterios indicados pola Consellaría", xa que "nin sequera tivo en conta as necesidades do alumnado dos centros previamente seleccionados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta