O TSXG absolve ao traballador dun banco en Santiago condenado por apropiarse de diñeiro de clientes

O TSXG subliñou que "non resultou acreditado que o acusado realizase as operacións fraudulentas nas que se apoia a acusación"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2023 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu a un empregado de banca de Santiago que fora condenado pola Audiencia Provincial da Coruña a tres anos de cárcere por apropiarse de diñeiro de clientes.

Segundo a sentenza facilitada polo TSXG este venres e con data do 9 de febreiro, o alto tribunal galego, que estimou o recurso do acusado, asegura que o fallo de primeira instancia vulnerou o dereito á presunción de inocencia do sospeitoso.

Deste xeito, a resolución apunta a que os feitos probados na sentenza ditada con data en xullo de 2022 pola Audiencia Provincial da Coruña terían lugar o 19 de outubro de 2015 e o 8 de marzo de 2016, cando o home era empregado nunha entidade bancaria en Santiago.

O TSXG subliñou que "non resultou acreditado que o acusado realizase as operacións fraudulentas nas que se apoia a acusación". Contra esta sentenza cabía interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo no cinco días seguintes á súa notificación.

Sede TSXG
Sede TSXG | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta