Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/02/2023 | Actualizada ás 21:02
Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio nunha vivenda situada no lugar de Entrerríos, no municipio pontevedrés de Fornelo de Montes. No lugar traballan para sufocar as chamas os Bombeiros de O Baixo Miño e persoal da Central de Incendios Provincial, así como membros do GES de Avión, efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea e a Garda Civil.
Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 17,00 horas varios particulares contactaron coa central de emerxencias para informar de que ardía esta vivenda de dúas plantas. Nestas comunicacións os alertantes indicaban que vían saír moito fume polas xanelas e polo tellado e que o lume avanzaba moi rápido. Con todo, trátase dun inmoble no que nestes momentos non reside ninguén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.