Allariz suma apoios de colaboración para o 'Festival Internacional de Xardíns'

A alcaldesa, Cristina Cid, e o director do Festival, Francisco García, veñen de asinar un convenio de colaboración coa Asociación Española de Paisajistas, representada pola súa vicepresidenta Paz González.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 27/02/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Cristina Cid explicaba, tras a sinatura do convenio de colaboración coa Asociación Española de Paisajistas --o pasado 24 de febreiro--,  que estas alianzas reforzan a rede que está a traballar por un paisaxismo de calidade. A alcaldesa de Allariz resaltou a importancia dos espazos verdes de calidade para o benestar da cidadanía, espazos que nesta vila se puxeron en valor e reforzaron coa creación do Festival Internacional de Xardíns.

Momento da sinatura do convenio en Allariz. Foto: Dpto Comunicación do Concello de Allariz.
Momento da sinatura do convenio en Allariz. Foto: Dpto Comunicación do Concello de Allariz.

Francisco Garcia, director do F.I.X.A, resaltaba a importancia de contar con entidades  colaboradoras tan importantes coma a AEP, Acubam, AGA ou profesionais do sector.

SUMANDO COLABORACIÓNS PARA SEGUIR MEDRANDO

A formalización desta colaboración permitirá que o propio Festival siga incorporando entidades colaboradoras profesionais ás que xa tiña como poden ser o presidente do xurado do FIXA Francisco Caldeira Cabral, profesionais coma Ignacio Somovilla ou Eduardo Barba, persoas que desinteresadamente apostan polo Festival Internacional de Xardíns de Allariz e axudan na súa difusión.

Paz Gonzalez, vicepresidenta da Asociación Española de Paisajistas, resaltaba a importancia que ten o Festival de Xardíns dentro do sector do paisaxismo. Segundo explicou, subliñando a importancia do espazo creativo que representa este evento, era un tema pendente para a AEP colaborar co único proxecto desta envergadura a nivel estatal. Esta asociación é a encargada de elixir o gañador técnico do FIXA.

Ademais, a sinatura deste convenio abre a porta á realización de futuras dinámicas de colaboración, de difusión e de eventos comúns en relación co paisaxismo e co propio Festival.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta