"Non somos inútiles"... cando os nosos maiores non poden ser atendidos por máquinas

A CIG comeza unha recollida de firmas para pedir amparo á valedora do Pobo contra a exclusión dixital de maiores. Realizará protestas ante sedes da Seguridade Social o 16 de marzo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2023 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

A CIG comeza unha campaña de recollida de firmas para pedir amparo á valedora do Pobo contra a exclusión dixital que viven as persoas maiores cada día na súa relación coas administracións de diferente ámbito en Galicia. Ademais, convocará protestas ante sedes da Seguridade Social o 16 de marzo.

En rolda de prensa en Santiago, a secretaria de Organización da CIG, Susana Méndez, chamou a atención sobre a "fenda dixital" existente que provoca "desigualdade e vulnerabilidade" entre os maiores galegos, que "non teñen medios, capacidades nin paciencia" para afrontar os diferentes trámites aos que lles obriga a administración sen pobilidad de atención "cara a cara", unha problemática que "se acentuou" na pandemia. Reclama que "non se de deixe atrás" á terceira idade para cuestións tan básicas como xestións das súas pensións.

Así, interviñeron os pensionistas Xepe García Torres, Xela Fernández, Rosa Martínez e Xosé González para expor as súas experiencias coas trabas ás que se enfrontan diariamente con diferentes administracións --estatal, galega e local--, así como con entidades financeiras e na sanidade. "Senteste mal socialmente porque pensas que es un inútil", laméntase Xosé González, quen deixa claro: "Non somos uns inútiles".

O obxectivo é entregar o 24 de abril á valedora os escritos de queixas, para o que comezarán a recoller firmas cun texto que serve como modelo xenérico a enviar contra esta exclusión dixital.

PROBLEMÁTICAS

De tal forma, Xepe García Torres denunciou que é "imposible" pedir cita nas oficinas da Seguridade Social, xa que sempre que se chama por teléfono unha máquina responde que o servizo está "colapsado". Así, obrígase a un trámite de forma telemática, pero mesmo así a cita pode ser no prazo dun mes ou é obrigatorio trasladarse a outra localidade. Lamenta que moita xente non pode facer trámites sen recibir axuda mentres se produce unha "redución importante" de persoal neste servizo.

Rolda de prensa da CIG contra a exclusión dixital de maiores
Rolda de prensa da CIG contra a exclusión dixital de maiores | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta