Convocan paros de dúas horas o 8M na educación para que o estudantado "se mobilice"

Erguer. Estudantes da Galiza aposta por un ensino "feminista e non patriarcal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2023 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

A organización estudantil 'Erguer. Estudantes da Galiza' convocou un parón de dúas horas o próximo 8M, Día Internacional da Muller, co obxectivo de "posibilitar que as estudantes se mobilicen por un ensino feminista e non patriarcal".

Segundo trasladou a organización nun comunicado, este parón levará a cabo entre as 11,00 e as 13,00 horas en todos os centros de ensino. Así, esta convocatoria atópase dentro da súa campaña 'Construíndo feminismo aula a aula'.

Unha das membros do Consello Nacional da organización estudantil, Mariña Coego, explicou que "é fundamental que as estudantes saian á rúa para defender un ensino que non siga perpetuando sistematicamente as violencias machistas". Nesta liña, resaltou que 'Erguer' "defende un modelo de ensino diferente", xa que "aposta por romper cos roles de xénero establecidos".

Manifestación feminista do 8M 2021
Manifestación feminista do 8M 2021

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta