Mitos sobre a educación inclusiva: nin frea a aprendizaxe nin remata coa discriminación

Dúas profesoras desmontan mitos como da necesidade de reducir o alumnado por clase

Por Galicia Confidencial | Galicia | 04/03/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

É certo que a educación inclsuiva frea a aprendizaxe? Consegue realmente que non haxa discriminación entre o alumnado? En 1990, o foro internacional da UNESCO promoveu a idea dunha educación para todas as perosas. Pero coa posta en marcha da escola inclusiva comezaron a circular mitos que agora dúas profesoras da Universitat Oberta de Catalunya desmontan.

Alumnado xoga no patio do colexio o día que arrinca o curso escolar en Galicia
Alumnado xoga no patio do colexio o día que arrinca o curso escolar en Galicia | Fonte: Europa Press

Un dos principais mitos que tratan é o de que a escola inclusiva remata coa discriminación. A investigación apunta que é unha ferramenta necesaria para acabar con ela, pero non depende só da escola inclusiva, senón tamén dos cambios da sociedade.

As expertan tamén sosteñen, ante o mito da necesidade de reducir o alumnado por clase, que o realmente importante é incluír profesorado e novas formas de agrupación do alumnado. Outra das preguntas que se fan é se é máis lenta a aprendizaxe, sobre o que afirman que o progreso vai na liña da madruez dos nenos e nenas. "Non é que a aprendizaxe sexa máis lenta, senón que non se segue a liña que o adulto esperaría", explican.

DIFERENCIAS NO ALUMNADO

Afirman tamén que todos os nenos e nenas teñen necesidades diferentes e así deben ser as súas propostas de aprendizaxe. Así, ante os que din que a escola inclusiva debe olvidarse de diagnósticos para non crear estigmas, defenden que evitalos pode implicar deixar de dar apoios ao alumnado que máis o precisa. 

O derradeiro mito que traballan é o que sinala que na escola inclusiva non se necesita atención individualizada. "Trabállase para un deseño de actividades e metodoloxías suficientemente abertas, flexibles e diversificadas", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta