Traballadores de Einsa Print protestan nas Pontes para demandar melloras salariais

Son uns 250 traballadores que compoñen o persoal deste centro de traballo

Por E.P. | A Coruña | 01/03/2023 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Os traballadores que a empresa Einsa Print ten no polígono industrial de Penapurreira, nas Pontes, dedicada ás artes gráficas, secundaron durante dúas horas, entre as 14,00 e as 16,00 horas deste mércores, 1 de marzo, unha concentración á porta destas estas instalacións para denunciar "a falta de avances" nas negociacións que dirección e representantes dos traballadores iniciaron no mes de outubro.

Entre outras cousas, reclaman "un aumento salarial", xa que as súas nóminas están conxeladas desde o ano 2012, "ademais de melloras no sistema de vacacións", incidindo que tras varias reunións "agora mesmo a empresa pechouse en banda" e "as conversacións están bloqueadas".

Esta é a primeira xornada de protestas e xa están tamén convocadas outras dúas, a próxima este venres, día 3, e o vindeiro luns, 6 de marzo, co mesmo horario. Pena detallou que, a día de hoxe, son uns 250 traballadores que compoñen o persoal deste centro de traballo, dedicado, entre outras actividades, á impresión de todo tipo de revistas, folletos, catálogos e libros.

Endesa reactiva a súa central térmica das Pontes, a 2 de novembro de 2022, nas Pontes
Endesa reactiva a súa central térmica das Pontes, a 2 de novembro de 2022, nas Pontes | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta