Pontevedra mostrará o seu "modelo verde e azul" en Turín

Participará xunto a outras sete cidades como Roma ou Lisboa

Por E.P. | Pontevedra | 02/03/2023 | Actualizada ás 10:33

Comparte esta noticia

O edil de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, o socialista Iván Puentes, viaxará a Turín para participar na primeira reunión física do "Partnership Greening Cities", unha alianza comunitaria para impulsar a renaturalización de cidades e a loita contra o cambio climático. 

O edil Iván Puentes, que viaxará a Turín para expoñer a estratexia 'Pontevedra Flúe'
O edil Iván Puentes, que viaxará a Turín para expoñer a estratexia 'Pontevedra Flúe' | Fonte: Concello de Pontevedra

Pontevedra compartirá esta experiencia con outras 7 cidades europeas entre as que se atopan Roma, Lisboa ou Utrecht. No encontro, que terá lugar o 15 de marzo, Puentes exhibirá o modelo verde e azul que se está levando a cabo na cidade galega coa estratexia Pontevdra Flúe. 

Esta cita enmárcase na quinta edición do Cities Forum da Comisión Europea. "É un evento que permite xuntar actores urbanos comprometidos co obxectivo de acadar un futuro verde e xusto para as cidades", explica Puentes. 

A elección de Pontevedra como membro deste partenariado europeo foi comunicada a principios de novembro do ano pasado, situando á cidade dentro do circuíto europeo que definirá a política e os instrumentos de financiamento da infraestrutura verde e azul da UE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta