As mulleres ao coidado de maiores dependentes, coas cifras máis altas de abandono laboral

Nun 84% dos casos son as mulleres ás que coidan das persoas maiores

Por Galicia Confidencial | España | 05/03/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os últimos datos indican que en España, unha de catro familias teñen no seu núcelo unha persoa maior dependente á que coidar. Unha situación que afecta principalmente ás mulleres, que son as principais responsables do seu coidado nun 84% dos casos. Isto provoca que elas sexan as que protagonizan as cifras máis altas de abandono laboral ou de redución da súa xornada. 

Persoa anciá pensionista sendo atendida por unha coidadora nunha residencia
Persoa anciá pensionista sendo atendida por unha coidadora nunha residencia | Fonte: Europa Press

Neste sentido, a conciliación laboral xoga un papel esencial. Precisamente, estímase que 7 de cada 10 mulleres prefirirían aceptar un emprego que lles asegurara un mellor horario, cunha xornada reducida e medidas para o codidado dos maiores. 

"As mulleres de máis de 45 anos teñen que coidar a fillos e pais ao mesmo tempo que traballan, as obrigacións provocan que deixen desatendida total ou parcialmente a súa carreira profesional", sinala María Leal, fundadora de Plennio.

IMPACTO NA SAÚDE

Ao mesmo tempo, advirten de que as mulleres ao coidado de persoas maiores tamén experimentan outras consecuencias na súa saúde mental e física. "Non ter tempo para compatibilizar a vida persoal e laboral xera estrés, ansiedade ou depresión", explican.

Outros problemas aos que se enfrontan son os financeiros, con repercusións na economía persoal e familiar polos custos do coidado. Tamén están expostas ao illamento social e mesmo frustración persoal pola falta de tempo para o autocoidado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta