En apuros estiveron catro persoas en Porto do Son tras envorcar a planadora na que navegaban

Dous foron rescatados por unha embarcación e outros dous chegaron a nado ata terra ilesos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2023 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Catro persoas estiveron en apertos este venres tras envorcar a planadora na que navegaban en Porto do Son. Dous delas foron rescatadas por unha embarcación particular e levadas ata o porto, mentres que as outras conseguiron chegar a nado ata terra, ilesas.

Un particular que se atopaba na zona chamou ao 112 Galicia ás 12,20 horas, xa que observara como envorcou unha planadora que navegaba pegada á costa, entre as praias de Suigrexa e Cabeiro. Durante a conversación, indicaba que había polo menos unha persoa sobre o casco da embarcación, e varias na auga.

O 112 informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Minutos despois, Salvamento Marítimo comunicaba que estaban a mobilizar un dos seus barcos de rescate. Case ao mesmo tempo, un particular apuntaba que dous das persoas accidentadas estaban a alcanzar o areal das Pitas, ilesas. Outra planadora conseguiu rescatar rapidamente aos dous tripulantes restantes e levounos ao porto da localidade, onde chegou unha ambulancia para atender aos implicados no caso de que fose necesario.

Embarcación de Salvamento Marítima nun rescate no mar
Embarcación de Salvamento Marítima nun rescate no mar | Fonte: Salvamento Marítimo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta