Pontón reclama unha "axenda feminista galega" para poñer a desigualdade no centro do debate

A portavoz nacional do BNG, anunciou a presentación a próxima semana no Parlamento dunha proposición de lei para crear a Valedora da Igualdade.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 05/03/2023 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha "axenda feminista galega" para avanzar nos dereitos das mulleres e advertiu de que a igualdade "non é poñerse un lazo na lapela o 8 de marzo, é traballar con leis e feitos". Algo que asegurou que o BNG demostra "os 365 días do ano" coas achegas que fixo aos avances dos dereitos das mulleres, como as leis aprobadas esta lexislatura en Galicia para recoñecer as vítimas da violencia vicaria ou para impulsar igualdade de mulleres na ciencia.

O BNG rexistrará no Parlamento a Lei De Creación da Valedoría de Igualdade. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
O BNG rexistrará no Parlamento a Lei De Creación da Valedoría de Igualdade. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Durante a súa intervención nun encontro en Santiago de Compostela con máis dun centenar de mulleres do BNG, previo á celebración do 8M, sumou a estas iniciativas outra para crear unha Valedora da Igualdade, que rexistrarán a semana que vén no Parlamento galego. Pontón dixo que é necesario impulsar unha axenda feminista galega que poña a desigualdade no centro "non de palabra, ou de boca para fóra" senón con avances e feitos concretos.

Así destacou, a proposta de dúas leis por parte do BNG, unha para introducir cláusulas sociais e de igualdade no conxunto dos contratos públicos de todas as administracións, poñendo como exemplo o Concello de Moaña, para que "ningunha empresa que discrimine poida acceder a contratos públicos".

Tamén, anunciou a presentación a próxima semana no Parlamento dunha proposición de lei para crear a Valedora da Igualdade que "vele polos dereitos das mulleres no ámbito privado e garanta o exercicio dos dereitos que están recoñecidos por lei".

Trátase dun organismo público que debe ter capacidade sancionadora, segundo Pontón, quen destacou que é unha recomendación que fan as institucións europeas e servirá para "situar a Galicia na vangarda da defensa dos dereitos das mulleres" para que "non estean só no papel". "Imos seguir traballando por deixar atrás as desigualdades e as violencias", comprometeu a líder nacionalista, para "pisar o turbo da igualdade" e dar máis oportunidade ás mulleres galegas.

A líder nacionalista situou como clave "reforzar o feminismo" non só porque as discriminación e as desigualdades para as mulleres seguen existindo, senón porque hai unha "ultradereita reccionaria" que practica o "negacionismo" de dicir que non existen a violencia machista, advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta