40 operarios de Navantia Ferrol teñen que ir a Noruega para o mantemento das fragatas que construíu

Estarán na Base Naval de Haakonsvern durante un cinco semanas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2023 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

Preto de 40 operarios do estaleiro que Navantia ten en Ferrol desprazouse ata Noruega para realizar tarefas de mantemento nos sistemas de propulsión e casco nunha das fragatas de serie F-310, que foron construídas na ría de Ferrol, co obxectivo de comprobar o correcto funcionamento de todos os elementos e que os sistemas se manteñen en condicións de operación adecuadas.

O equipo está composto por técnicos de xestión de obra, mandos e técnicos de mecánica, manobra, armadores e soldadores. Así mesmo, outro equipo de técnicos de enxeñaría e produción realizará inspeccións a bordo dos buques para comprobar a configuración actual dalgúns sistemas, e poder así desenvolver os cambios ao deseño solicitados pola Mariña Noruega.

Os traballadores da empresa naval pública estarán na Base Naval de Haakonsvern durante un cinco semanas. Estas son actividades que a Mariña Norueguesa veu contratando a Navantia de maneira recorrente nos últimos anos e polos que a compañía da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) foi felicitada en varias ocasións, pola profesionalidade mostrada tanto durante a fase de preparación e planificación, como durante a execución.

Navantia reparou na ría de Ferrol durante 2022 ata 19 buques
Navantia reparou na ría de Ferrol durante 2022 ata 19 buques

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta