A USC organiza o evento internacional máis importante na divulgación sobre células nai

O obxectivo é achegar a ciencia a novos estudantes de bacharelato e espertar vocacións

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/03/2023 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O Grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson da USC organiza o vindeiro venres, 10 de marzo, na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC a xornada Unistem Day 2023. Trátase do evento internacional de maior envergadura na divulgación sobre células nai e terapia celular promovido dende hai 14 anos pola Università degli Studi dei Milano. 

Grupo organizador do Unistem day 2023 na USC
Grupo organizador do Unistem day 2023 na USC | Fonte: USC

Durante esta xornada, baixo o lema 'A viaxe interminable da investigación en células nai', pretende achegar a ciencia a novos estudantes de bacharelato e espertar vocacións científicas. A Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago acollerá a 370 estudantes e profesorado.

Nesta edición prevese que arredor de 30.000 estudantes participen en actividades e visitas a laboratorios en 87 universidades e centros de investigación de catorce países: Alemaña, Australia, Dinamarca, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Países Baixos, Polonia, Reino Unido, Serbia, Suecia e España.

PROGRAMA CON XOGOS INTERACTIVOS

O evento incluirá charlas de docentes e persoal investigador da USC que abordarán temas de interese sobre os últimos avances no terreo das células nai e a terapia celular. Achegarán detalles sobre a investigación sobre células nai no laboratorio; ou falarán da ciencia con evidencia e o risco das fakenews neste campo.

Tamén terán lugar xogos interactivos para facer da ciencia algo divertido; e ademais, este ano, enmarcado nas actividades do Ano de Investigación Ramón y Cajal, incluirase unha charla sobre a vida e legado científico e artístico do considerado pai da neurociencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta