Atopan o corpo sen vida dun home desaparecido en Ponte Sampaio

Atopábase desaparecido desde as 17,00 horas deste luns

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2023 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia localizaron o corpo sen vida dun home nas proximidades dunha área fluvial do río Verdugo situada en localidade pontevedresa de Ponte Sampaio. Segundo confirmou o 112 Galicia, o home atopábase desaparecido desde as 17,00 horas deste luns, tal e como relatou á central de emerxencias un familiar sobre as 21,00 horas.

Con esta información, os operadores do 112 solicitaron a colaboración para esta procura da Policía Nacional, a Policía Local e Protección Civil de Pontevedra e de Soutomaior. Finalmente, os Bombeiros de Pontevedra atoparon o cadáver no lugar de Acevedo, nun sitio próximo á súa vivenda, pasadas as 00,00 horas.

Un coche da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Un coche da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta