Ferrol aproba o convenio urbanístico co Ministerio de Defensa

Cos votos a favor de PSOE e PP , suporá a entrega á Administración local de dez propiedades sen uso militar

Por E.P. | Ferrol | 07/03/2023 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Ferrol aprobou na mañá deste martes, 7 de marzo, nunha sesión extraordinaria, o convenio urbanístico desta Administración co Ministerio de Defensa, un documento que leva décadas en negociacións e varios anos sen avances.

O documento saíu adiante cos votos a favor do goberno socialista, do grupo municipal do Partido Popular e a abstención de Ferrol en Común. Pola súa banda, o BNG situouse en contra.

Trátase do convenio que asinou no ano 2015 José Manuel Rey Varela (PP) cando era alcalde, pero que logo quedou paralizado coa chegada á Alcaldía de Jorge Suárez, que aseguraba que quería outro acordo, e que foi agora desbloqueado polo PSOE.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, asegurou que "hoxe é un día para gozar de ser alcalde e de representar á cidade". Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do Partido Popular, José Manuel Rey Varela, asegurou que "se perderon oito anos en enfrontamentos", nos que "as propiedades empeoraron".

ABTENCIÓN E VOTOS EN CONTRA

Desde o grupo de Ferrol en Común, os seus dous concelleiros presentes, Jorge Suárez e Suso Basterrechea, optaron pola abstención. Suárez, detallou que "este convenio non convence por completo a ningún dos grupos".

O único grupo que votou en contra deste convenio foi o do BNG. O seu portavoz, Iván Rivas, volveu a criticar que unha parte da parcela máis cobizada deste acordo, a do antigo cuartel Sánchez Aguilera, "destínese á construción de bloques de vivendas e un centro comercial", xa que a súa proposta pasaba por materializar é este terreo unha gran zona verde.

Reunión do alcalde de Ferrol coa secretaria de estado de Defensa sobre a finalización dos trámites do convenio
Reunión do alcalde de Ferrol coa secretaria de estado de Defensa sobre a finalización dos trámites do convenio | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta