A Xunta esixe unha reunión para "recuperar o tempo perdido" co Corredor Atlántico

Critica que o primeiro encontro non se "comunicara á Xunta"

Por E.P. | Galicia | 07/03/2023 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cualificou o encontro mantido este luns en Asturias sobre o Corredor Atlántico como un "primeiro paso", aínda que lamentado que a primeira visita que faga o comisionado do mesmo sexa "de costas a Galicia".

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en rolda de prensa
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Tamén pediu ao Goberno "recuperar o tempo perdido". De "intolerable" cualificou que se fixese a citada visita "sen comunicación e de costas á Xunta", manifestou nunhas declaracións sobre este asunto.

En relación ao acto celebrado o luns en Xixón co secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, David Lucas, vinculouno coa "acción reivindicativa" de Castela e León, Asturias e Galicia. "Conseguimos este primeiro paso", resaltou a conselleira para quen ten que vir acompañado doutros "máis intensos".

Vázquez considerou necesario ter unha "reunión específica do corredor noroeste para abordar todas as infraestruturas necesarias". Ademais, demandou unha "reunión directa" co comisionado para abordar "erros clamorosos e ausencias preocupantes". "Non é razoable nin asumible que se compute como investimento a liña do AVE Madrid-Ourense" ou que non haxa "referencia a Ferrol ou ao porto de Vigo", apostilou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta