Choivas fortes no oeste de Galicia este mércores

Hai unha suba das temperaturas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 08/03/2023 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

As precipitacións localmente fortes ou persistentes afectarán este mércores ao oeste de Galicia, sobre todo na Coruña e Pontevedra, que terán risco (aviso amarelo) xa que poderán acumular ata 40 litros por metro cadrado en 12 horas, e as temperaturas subirán con carácter xeneralizado na maior parte do país, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

A AEMET activou así mesmo o aviso por fenómenos costeiros nas costas de Galicia; así como por ventos fortes en Lugo. Ademais, os ceos estarán nubrados na metade oeste da Península e pode haber precipitacións que serán en xeral débiles e a máis probables e intensas daranse en Galicia onde serán fortes e persistentes. As precipitacións non serán de neve ata os 2.000 ou 2.500 metros de altura.

Respecto das temperaturas, a Aemet espera unha subida xeneralizada tanto das máximas como das mínimas.

Unha muller abre un paraugas tras o paso da borrasca Gérard na Coruña
Unha muller abre un paraugas tras o paso da borrasca Gérard na Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta