Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/01/2015 | Actualizada ás 14:43
A Mesa pola Normalización lingüística, a través do seu presidente Marcos Maceira, formará parte dunha delegación de representantes de ELEN (European Language Equality Network) que acudirá o 21 de xaneiro á sesión da Revisión Periódica Universal das Naciósn Unidas onde o informe de dereitos humanos do Estado español será revisado polo Reino Unido, Serra Leoa e Macedonia.
Ademais da Mesa pola Normalización Lingüística, a delegación de ELEN estará composta por Ferran Suay (Acció Cultural del País Valencià ACPV), , Rosa de les Neus Marco (Plataforma per la Llengua, Cataluña), Francesc Felipe, Jaume Fullana e Natxo Badenas (Escola Valenciana).
No informe que se presentará relátanse un amplo número de casos concretos de discrimación lingüística nos países do Estado con lingua propia diferente do español nos últimos anos.
No referido a Galicia trátase de casos que A Mesa como retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas predoutorais por presentar o título universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o noso idioma. No referido ao dereito á educación, o informe sinala tamén "retrocesos a respecto da oficilidade do galego que está a impulsar o actual goberno da Xunta como o Decretazo contra o galego que por primeira vez limita o uso do galego no ensino".
Nos tribunais a Mesa denunciará na ONU casos como a non aceptación dunha demanda en Vigo por estar feita en galego .O informe chega á conclusión de que as autoridades españolas "encoraxan ou cando menos toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos."
Tendo en conta "a grande cantitade de probas detalladas en moitas áreas diferentes" para a Mesa resulta clara a conclusión que "a discriminación contra as linguas propias diferentes do español é sistémica desde o propio Estado, e que esta discriminación está instotucionalizada".
O presidente da Mesa indicou tamén que ademais da denuncia internacional cómpre "unha resposta ampla e contundente por parte da sociedade galega á que chamou a participar tanto nos diferentes actos que a plataforma Queremos Galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.